- Convivir coas drogas(20070312)
Publicado por riveira en Marzo 13, 2007
Xornal.com- A estas alturas moi pouca xente descoñece a triste realidade das consecuencias do consumo das drogas. Temos moito que facer para a prevención dos riscos que supon, para algúns xovenes, ésta grave patoloxía social. Un dia calquera podemos achegarnos o paseo do malecón ou a algunha rúa céntrica e peatonal da cidade de Riveira para observar á infinidade de xóvenes víctimas de ésta lacra social. Enganchados na heroína ou na coca pasean sin rumbo fixo ou descansan nos bancos de pedra do paseo, da angustia polo inxusto da vida, do abandono da súas familias así como da desidia das propios responsables políticos.
¿Cómo poden estar estes xóvenes padecendo o desprecio de toda unha sociedade? ¿Acaso nos acostumbramos xá a convivir coas súas desgracias personais? ¿Qué fan as autoridades responsables para garantizar a súa reinsercción? Como calqueira persona, teñen dereito a estar ou pasear por donde queiran, non son apestados, pero non poden ser dignos de lástima senon de respeto para tratar de encontrarlles úns centros de desintoxicación ou reinsercción axeitados, pois a maioría deles carecen de recursos económicos e apoio familiar.
Xa esta ven de consentir situacións inxustas polo mero feito de ser habituais. O Concello de Riveira, como oitros moitos do noso país, teñen atribucións e medios suficientes para axudar a éstes rapaces, pois para algo máis debe estar a administración que para recordar as nosas libertades individuais.